Páxinas

martes, 23 de abril de 2019

O CONTO DA CRIADA, por fin en galego!

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, Rinoceronte editora publica en lingua galega O conto da criada, a novela máis célebre da escritoria canadiana Margaret Atwood. Foi inicialmente publicada en 1985 pero probablemente a coñezades pola serie co mesmo título que tanto éxito tivo o ano pasado.

É unha novela fascinante ambientada nos Estados Unidos nun futuro imaxinario. Tras un golpe de Estado, as mulleres están condenadas exclusivamente a servir de criadas e a ter fillos para as esposas estériles dos altos cargos do novo réxime. Todo un alegato contra o patriarcado e a opresión das mulleres.

Ademais de loar a súa enorme calidade literaria, alégranos moito ter esta novela en galego que vos recomendamos dende o EDL. Esperamos tela pronto na biblioteca. Non vos vai decepcionar!👌

Ningún comentario:

Publicar un comentario