Páxinas

domingo, 28 de abril de 2019

CINE EN GALEGO NO FESTIVAL DE CANNES

Nun momento da rodaxe en Navia de Suarna. De esquerda a dereita: Luís Bértolo
axudante de dirección,  tamén de orixe naviega; Toño Núñez,  asesor lingüístico, 

Oliver Laxe,  director do filme.


"O que arde" é o título do novo filme do director  Oliver Laxe, rodado en galego e que vai participar no Festival de Cannes 2019, un dos festivais de cine máis prestixiosos do mundo.🎬

A trama desenvólvese na contorna dos Ancares e narra dúas historias que trancorren paralelas: a dun veciño que sae do cárcere, acusado de provocar un incendio, e a de dous brigadistas que comezan a traballar na loita contra os incendios.  

Oliver Laxe, nado en Francia, é fillo de emigrantes galegos orixinarios dos Ancares. Ademais de nas montañas ancaresas, a película rodouse tamén en localidades como Navia de Suarna e Becerreá e contou co asesoramento lingüístico do galego naviego do mestre e escritor Toño Núñez, que aparece como figurante nalgunha escena do filme.

Parabéns, Oliver, polo teu gran traballo, e grazas por conseguir que a nosa lingua teña visibilidade nun festival internacional tan importante.

 Oliver Laxe, no instituto de Becerreá. Para a elaboración desta entrada do blog contamos

con material fotográfico de excepción👌












Ningún comentario:

Publicar un comentario