Como cada ano convocamos o Concurso Literario das Letras Galegas. Hai dúas modalidades: relato curto e poesía e o tema, inspiráronnos estes días, "O meu verán". Que vos parece?
Os premios serán outorgados por ciclos educativos:
- 1° ciclo de ESO. 1° e 2° premio por cada modalidade.
-2° ciclo de ESO. 1° e 2° premio por cada modalidade.
-Bacharelato. 1 premio.
Se os/as integrantes do xurado o consideran, entregaranse tamén accésits: Sempre acabamos concedendo algúns
Tedes que enviar os vosos traballos en arquivo a este enderezo electrónico co voso nome e curso: eunfalar@gmail.com. No asunto poñedes "Concurso 2022"
A data límite para enviardes as vosas creacións é o 23 de maio.
Animádevos a nos falar do voso verán!E para os/as artistas🎨 propoñémosvos deseñar un selo para decorar o libros en lingua galega do noso centro. Soamente ten que aparecer como texto: Letras Galegas IES Leiras Pulpeiro. O motivo tería que estar relacionado coa escritura e a literatura. Seguro que se vos ocorren ideas xeniais!
Haberá un único premio para o autor o autora do selo elixido e tamé accésits se o xurado considera que hai máis traballos de calidade (non o dubidamos⌣..)
Encargaremos selos do deseño gañador e un deles irá para o seu autor ou autora.
Xa estades tardando!☝
Ningún comentario:
Publicar un comentario