martes, 14 de decembro de 2021

VISITADE A LIBRARÍA NÓS

 

Ide dar unha volta polo stand da Libraría Nós, alí aconsellaravos amábelmente Vicente Risco sobre calquera tema🎓 E non perdades a oportunidade de levar de agasallo🧧 un cartaz da Xeración Nós se mercades algún exemplar das obras de Castelao, que vos asinará encantado📖✍, como está a facer con Ramón Carballo, protagonista dunha das súas Cousas. Tamén saíron das Cousas para botar un ollo pola feira, a Marquesiña e Migueliño con seu pai.📚

Vai ser doado que vos topedes con don Ramón Otero Pedrayo de palique con algún fidalgo e a Ramón Cabanillas curioseando. Mesmo o Porco de Pé🎩🐷 comprou un libro!! Quen o pode crer!!

Este é o traballazo do alumnado de 4ºC🔝, que quixo mostrar a importancia do Grupo Nós e das Irmandades da Fala na nosa cultura. Parabéns a Noa, Roi, Román, Nerea e Mara polos debuxos🎨✎📔 e aos demais compañeiros e compañeiras polo traballo de documentación e de montaxe🔖📑📕📗📘📙✄!

Esta actividade está incluída no Proxecto EDUexcelencia no que participa o noso EDLG.

Visitade @leirantes, @irmandinhasdafala, @ramon_cabanillas_76 @seareiros.de.cabanillas.

1 comentario:

  1. Boísimo! Gosto moito desa idea da Xeración Nós como grupo de xente inadaptada que encontraron en Galicia "un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, coma os que andabamos a procurar por ahí adiante”. E se hai unha Xeración Nós oculta entre o noso alumnado? Parabéns polo traballo!

    ResponderEliminar