luns, 26 de abril de 2021

XA ESTÁN PUBLICADAS AS RECEITAS GAÑADORAS DO CONCURSO MEDIA LARANXA!

Non o tiveron doado, abofé mais esta fin de semana Media Laranxa🍊 publicou as receitas premiadas no Concurso que anunciabamos a semana pasada. 
As deliciosas receitas gañadoras son a torta de queixo proposta por Diana Reija Fernández (1º de ESO); os coquiños, de Marta Vázquez Saavedra (1º de ESO), o rosco de laranxa de Eva Díaz García (4º de ESO) e a torta xeada de biscoitos, queixo e carambelo, de Andrés Martín Reija (4º de ESO). Tamén resultaron premiados os rolos de filloas con salmón dunha profesora do centro.
Premede en cada un dos nomes das receitas se queredes saber como se fan ou ben entrade no blog medialaranxa.fala.gal ou en Instagram.
Grazas a todos os/as participantes por compartiren en lingua galega as súas creacións culinarias!
E agora a facelas🍴 e a gañar quilos... de felicidade😋😋😋😋

1 comentario:

  1. Parabéns ás campioas e agradecementos ás promotoras desta iniciativa. A ver cando se animan a dar a proba 🤤

    ResponderEliminar