martes, 2 de febreiro de 2021

E RULA O DICIONARIO PARA BOOMERS!

 

Con máis de 700 seareiros, o Dicionario de Galego para Boomers, está a acadar un enorme éxito máis aló da nosa comunidade educativa. Algúns medios de comunicación e coñecidos persoeiros da nosa cultura, institucións, profesorado e alumnado doutros centros valoraron o estupendo traballo feito polos alumnos e alumnas dalgúns grupos de 1º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Leiras Pulpeiro.  

Todos eles seguen a elaborar voces seguindo os parámetros dun dicionario (clase de palabra, definición e exemplo, diferentes significados). Nas imaxes podedes ver os resultados do seu excelente traballo.👌📖

Algún grupo de Bacharelato divertiuse volvendo cantigas de amigo do galego medieval á xerga dos zoomers, con resultados sorprendentes e cómicos😅.

Lembrade, boomers, se queredes entrar no mundo das redes sociais e dos vídeo-xogos da xente nova, visitándenos en Instagram!☝👀







3 comentarios:

  1. Moi interesante! Parabéns pola iniciativa desde o CEIP Menéndez Pelayo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! É un gusto ver como o noso alumnado texe novos espazos para a nosa lingua.

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar