Xa coñecemos a autora das espadanas seleccionadas para o calendario Estiño 2021. Trátase de Andrea Rodríguez Simón, alumna de 1º de ESO C. Moitos parabéns, Andrea! Un dos exemplares dos calendarios Estiño é teu👏👏
Os integrantes do colectivo Estiño contáronos que lles costou traballo elixir o debuxo porque había moitos e moi bos, por iso quixemos aproveitalos e facer unhas composicións para agradecer a todos os participantes polos seus traballos. Démoslle un toque pop📷🎨, a ver se vos gustan e adiviñades cal anaco é o voso👀🔍 . E nós, agardando polos calendarios!⏳⌛
Moitos parabéns a Andrea e a todo alumnado colaborador co proxecto de Calendarios do Colectivo Estiño
ResponderEliminar