mércores, 23 de setembro de 2020

COMEZAMOS O NOVO CURSO CUN SORRISO BAIXO A MÁSCARA

 

Benvidas e benvidos😀👋 a este novo curso co que arrincaremos de vez o vindeiro luns. Malia que neste ano escolar algunhas cousas non van poder ser coma antes, nós seguiremos tendo historias interesantes que vos contar e seguiremos a vos propoñer actividades atractivas para dinamizar o uso da nosa lingua. 

Comezamos hoxe falando unha palabra que designa un obxecto que agora nos acompaña todo o tempo e que pola saúde de todos e todas temos que utilizar: a máscara (*mascarilla é un castelanismo, ollo👈) 

Antes da pandemia, relacionabamos a máscara co Entroido, o teatro, festas de disfraces...🎭  É o seu primeiro significado pero como se trata dunha palabra polisémica, máscara ten máis acepcións, unha delas, aínda que non sexa a que máis nos guste, é a que tedes na imaxe esquerda. Se premedes en Portal das palabras atoparedes os seus diferentes significados. O lado positivo➕➕➕➕ deste significado de máscara co que agora convivimos tanto, é que nos protexe e protexemos con ela👴👵👩👨👧👦

Lembrade, SENTIDIÑO a feixes: usemos a máscara sempre  😷, así evitaremos os gromos  e volveremos prontiño á normalidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario