Páxinas

mércores, 23 de xaneiro de 2019

POMBA DA PAZ LINGÜÍSTICA.

O EDL do IES Félix Muriel de Rianxo creou esta fermosa pomba da paz lingüística e nós queremos compartila e espallala tamén dende o noso blog porque os nosos desexos son os mesmos.
Tedes máis propostas de paz lingüística para agrandar as ás da pomba? Contádenos...

5 comentarios:

  1. Que as entrevistas de traballo se poidan facer en galego.
    Que os prospectos dos medicamentos tamén estean en galego.
    María Bouza, 4º ESO-B

    ResponderEliminar
  2. Quen non traduzan os nosos nomes propios .
    Que nas redes sociais poidamos escoller o galego .
    Brais Piñeiro Lozano 4º ESO-B

    ResponderEliminar
  3. Que se difunda máis a música en galego.
    Alexia García Tojo 4ºESO-B

    ResponderEliminar
  4. Poder recibir atención sanitaria en galego
    Javier Souto Obarrio 4º ESO B

    ResponderEliminar
  5. Que os galego falantes sempre empreguemos a nosa lingua e nunca nos avergoncemos dela.
    Cristina Espiñeira Rozas 4º ESO A

    ResponderEliminar