Páxinas

venres, 25 de xaneiro de 2019

LITERATURA GALEGA EN ITALIANO!

Pois si, a nosa literatura tamén se estuda e se le noutros países.
Non vos preguntades como poden soan Rosalía, Castelao, Cunqueiro, Dieste, etc. na lingua de Dante?

Este libro que vos presentamos é unha antoloxía que recolle as 50 figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde 1963 até o 2011. De cada autor preséntase unha biografía xunto cunha breve escolma de textos. O prólogo é de Xesús Alonso Montero.
Os autores deste libro son Gemma Álvarez Maneiro, que foi lectora de Lingua e Cultura Galegas na Universidade de Padua, e Giovanni Borriero, profesor responsable do Centro de Estudos Galegos desa mesma institución.

Mais non só en Padua coñecen a nosa lingua e a nosa literatura, nas Universidade della Sapienza de Roma e na de Perugia, tamén se pode aprender galego.

 Bravissimi! 👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario