Páxinas

luns, 27 de xaneiro de 2020

Unha alumna do IES LEIRAS PULPEIRO, gañadora do XXV Certame de contos e relatos curtos TRAPERO PARDO

Ultimamente estamos de racha no tocante aos premios literarios. Se hai dúas semanas a Biblioteca Pública anunciaba que 4 alumnas e 1 alumno do Leiras, foron premiados no Concurso de Poesía de Nadal 2019, agora prácenos anunciarvos que a alumna Rosalía Bernárdez Riopedre, de 2º de ESO foi a gañadora do 1º premio do XXV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.😃🏆📜

O acto de entrega terá lugar o luns, 3 de febreiro ás 17h no edificio do Vello Cárcere. Aló estaremos para aplaudir  a Rosalía 👏👏e vos informar do transcurso do acto!

Unha vez máis amosamos a nosa ledicia por recibir novas dinamizadoras para a nosa lingua.👅


2 comentarios: