Retornamos hoxe ao Museo Provincial de Lugo con outro grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO para participar
 nas rutas literarias baseadas nos Contos de fantasmas no museo. As rapazas e rapaces, agrupados en catro equipos, pasaron unha hora moi entretida pescudando por todo o edificio do Museo na procura de pistas e saíulles moi ben a xogada.
Habemos de voltar na primavera cos outros dous grupos de 2º. Do transcurso da actividade daremos conta nas fotos que colocaremos no
taboeiro do corredor. Até a próxima!👻🙋
|  | 
| Posando xunto á Estela de Crecente. | 
|  | 
| Gañamos nós, pero por pouco! | 
|  | 
| Alegrade esa cara, rapaces! | 
|  | 
| No bus, adestrándome para desvelar claves...
 | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario