Páxinas

martes, 7 de xaneiro de 2020

Comezamos o ano e retomamos o curso con SENTIDIÑO

Si, sentidiño foi a palabra do ano 2019 que acadou o 51% dos votos impoñéndose a feminicidio, cun 20% dos votos e a narcosubmarino, co 15% . A palabra gañadora está presente na nosa vida cotiá dende sempre. Cantas veces non temos oído dicir Que pouco sentidiño! Gasta con sentidiño...  Sentidiño  demóstranos canto queremos e usamos na nosa lingua os diminutivos con esa variedade de matices tan de noso. O sentido común ou sentidiño, é unha calidade humana que nos axuda a convivir cos demais e que non nos impide soñar e ser idealistas (con sentidiño😉) Se queredes ter máis información sobre este fermoso diminutivo premede en sentidiño. Bo comezo de ano!

Ningún comentario:

Publicar un comentario