Páxinas

xoves, 14 de novembro de 2019

O PRIMEIRO LIBRO DE TEXTO DE GALEGO É DE 1919

 Imaxes tomadas da RAG

Si, xa houbo un manual escolar de lingua e literatura galega a comezos do século XX. O seu autor foi o profesor Alfredo de la Iglesia (1861-1933) e tivo como compañeiros de traballo no Instituto de Pontevedra a persoeiros da talla de Castelao, Filgueira Valverde ou Losada Diéguez.
O autor redactouno a man en lingua castelá e nel fala dos autores do Rexurdimento,da xeración entre os séculos XIX e XX e dos trobadores medievais. O pai de Alfredo de la Iglesia foi Francisco María de la Iglesia, escritor do Rexurdimento,
coñecido por ser o autor de A fonte do xuramento, primeira peza teatral representada en galego.

A Real Academia Galega vén de publicalo nunha edición facsímile ao coidado de Xesús Alonso Montero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario