Sorprende que moitas cancións, algunhas delas clásicos do pop internacional, que tantas veces temos escoitado e admirado, conteñan letras que atenten contra a liberdade e a integridade da muller. Temos aínda moito camiño por percorrer. Forza a todas! 💜💪
Páxinas
▼
luns, 25 de novembro de 2019
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O EDL quere facer a súa pequena aportación para loitar contra este terrible mal realizando actividades co noso alumnado. Os rapaces e rapazas de 3º de ESO analizaron videoclips e letras de cancións moi coñecidas polo gran público con contido machista, sexista, homófobo ou que incitan á violencia contra a muller. Estiveron traballando con cancións en inglés traducidas ao galego, e con outras en castelán, de cantantes moi coñecidos no panorama da música española e latinoamericana. Despois de visionar os vídeos e analizar as letras das cancións responderon a un cuestionario sobre a presenza dos contidos antes mencionados nas letras e nas imaxes.
Sorprende que moitas cancións, algunhas delas clásicos do pop internacional, que tantas veces temos escoitado e admirado, conteñan letras que atenten contra a liberdade e a integridade da muller. Temos aínda moito camiño por percorrer. Forza a todas! 💜💪
Sorprende que moitas cancións, algunhas delas clásicos do pop internacional, que tantas veces temos escoitado e admirado, conteñan letras que atenten contra a liberdade e a integridade da muller. Temos aínda moito camiño por percorrer. Forza a todas! 💜💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario