Páxinas
▼
xoves, 28 de novembro de 2019
CIENCIA EN GALEGO
Non queremos dicir adeus ao mes de Santos sen dar os parabéns ás/aos responsables da Biblioleiras, pola marabillosa exposición que organizaron para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. A exposición amósanos libros relacionados co mundo científico escritos en galego: enciclopedias, manuais, libros divulgativos sobre temas varios (bioloxía, física, química....), fermosos catálogos de froitas e plantas, así como as biografías de científicas galegas inxustamente esquecidas ou relegadas a un segundo plano. Grazas por amosar de xeito tan marabilloso que o galego é unha lingua coma calquera outra para utilizar no ámbito científico. Con esta presentación, como non imos adorar a ciencia?
Ningún comentario:
Publicar un comentario