Páxinas

luns, 7 de outubro de 2019

As aceas e os caneiros de Lugo: pequenas xoias do noso patrimonio.

 No caneiro do Club Fluvial, a néboa deixou paso ao 🌞 
O alumnado de 1º de ESO está a participar entre hoxe e mañá nunha camiñada para coñecer as aceas e os caneiros do Miño ao seu paso pola nosa cidade, así como a riqueza da flora e os tipos de bosque que temos ao noso arredor. A actividade foi organizada por José Antonio Rey, profesor de Xeografía e Historia e colaboran na mesma varios Departamentos.
O EDL fixo a súa contribución explicando os nomes en galego da flora autóctona e falando un chisco das orixes das aceas e os caneiros.
Así, entre outras actividades, os nosos alumnos e alumnas tomaron nota para os seus traballos, da abundancia de freixos, bidueiras (bidos, bidueiros, bídalos, albelos...), castiñeiros (ou castiros), piñeiros, ameneiros (ou amieiros), dos diferentes tipos de carballos, nogueiras, salgueiros, abelairas, fentos (ou fieitos, folgueiras, felgos), coñecendo así a riqueza do léxico galego para denominar árbores, plantas aromáticas e arbustos (o loureiro e o fiúncho)🌰🌲🌳🍃🍂🍁🍀

Excelente iniciativa👏👏 para valorar o noso patrimonio etnográfico e léxico, ademais de para practicar exercicio físico, saber distinguir as árbores propias e as de fóra, e botar man da tecnoloxía para a xeolocalización.🚶📲

 Dez fantásticos quilómetros
 Na Cheda, a piques de comezar o roteiro cunha néboa ben mesta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario