O director, Oliver Laxe, durante a presentación previa á proxección |
O director quixo que a presentación da súa película tivese lugar na vila de Navia de Suarna que se encheu de público para a ocasión . Nós tivemos a sorte de que a compañeira Juncal do Departamento de Lingua e Literatura Galega, estivese presente no acto e puidese conseguir estas imaxes que vos amosamos.
Parabéns, Oliver, polos teus éxitos e grazas por dar a coñecer a nosa lingua e terra por todo o mundo!
Laxe co seu equipo, no coloquio posterior á película. |
Coa actriz principal... |
E con Toño Núñez, mestre e asesor lingüístico do galego naviego durante a rodaxe. |
Enorme o talento de Óliver Laxe. Enorme o filme O que arde, que recolle a esencia da terra ancaresa, incluída a nosa fala. A ver se arden os complexos! Ide vela!
ResponderEliminarIremos!
ResponderEliminar