Nunha actividade conxunta co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado dos catro grupos de 1º de ESO visitou Outeiro de Rei. O punto de partida foi a igrexa de Santa Isabel e o percorrido transcorreu pola contorna tan querida por Manuel María: a carballeira, as Insuas, o muíño... para chegar finalmente á Casa-Museo do poeta. e continuar coa visita guiada. Natureza e literatura, sempre unidas 🍃💚📗
Ningún comentario:
Publicar un comentario