Páxinas

venres, 22 de abril de 2022

PRESENTACIÓN DE #enredandocogalego

Tras o éxito do curso pasado, perto de 60 alumnas e alumnos do noso centro van pasar este ano 3 semaniñas falando en galego! o desafío anual do Proxecto #EnredandocoGalego, organizado pola AELG: 

Durante este tempo os rapaces e rapazas publicarán as súas experiencias como galegoflantes na súas redes sociais gravando e publicando vídeos ou escribindo textos dun mínico de 130 caracteres co cancelo #enredandocogalego. Tamén poden escribir creacións literarias ou enviar propostas artísticas á escoladescritoraseescritores@aelg.org.

A presentación da actividade tivo lugar este mércores, coa participación de Anxo Lamelo, Lois Pérez e o dúo poético-musical Aldao-Lado, integrado por LucíaAldao e María Lado. Pasámolo en grande, coma sempre!

                                                                                           Estamos desexando ver as vosas aportacións




Ningún comentario:

Publicar un comentario