Páxinas

domingo, 13 de marzo de 2022

UNHA ALUMNA DO LEIRAS, GAÑADORA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA.

Rosalía Bernárdez Riopedre e unha das flamantes gañadoras da 50 edición dos prestixiosos Premios Literarios Minerva. Polo seu relato "Esvaecen as palabras dos recunchos da memoria", Rosalía recibirá 750€ e mais unha medalla de prata conmemorativa do certame🏅.

Sonados escritores e escritoras galegas como Olga Novo, Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila ou o recentemente desaparecido Darío Xohán Cabana, foron gañadores destes premios e comezaron unha importante carreira literaria. 

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 7 de abril no Colexio Peleteiro, organizador do certame.

Novos parabéns, Rosalía, sigue o camiño das letras, é todo teu! 👏👏👏

3 comentarios:

  1. Marabilla Rosalía. Moitos parabéns de novo. Non canses nunca de gañar premios ;)

    ResponderEliminar
  2. Magnífica, Rosalía! Un orgullo. Parabéns dos grandes desde o CEIP Menéndez.

    ResponderEliminar