Páxinas

luns, 21 de marzo de 2022

#maispoesiamenosguerra DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2022

Hoxe é o Día Mundial da Poesía📜🖋 

Velaquí a nosa proposta: que vos inspira esta imaxe? 

Facede uns versos de xeito individual ou en grupo. Seguro que vos saen cousas ben bonitas! A soñar!🌼🌝



16 comentarios:

  1. Mariola no outono,
    papaventos na primavera,
    todolos anos
    marcse a tendencia

    David Méndez

    ResponderEliminar
  2. A mariola de cores,
    cada un é un sentimento da infancia.
    Diana Reija Fernández

    ResponderEliminar
  3. A mariola voando,
    os números no ceo,
    cousas de pequenos.

    Maitane Arias Meléndez

    ResponderEliminar
  4. O papavento voa
    coma os numeros na miña cabeza
    coloridos coma unha mariola

    ResponderEliminar
  5. Amárrote con forza, non me soltes, non te solto,
    xa rabuño a corda que me agarra aos tempos mozos
    onde me quería.
    Pero máis forte cada vez,
    o vento dos anos arrástrame
    ao odio por min mesma,
    eu mesma e a vellez...

    Adriana Fernández e Alejandro Blanco

    ResponderEliminar
  6. Nena xa é hora!
    Sen previo aviso
    chegaron os dazaseis,
    hora de crecer.

    Nena xa é hora!
    Libros por contos,
    tacós por bonecas,
    responsabilidades por solos.

    Nena xa é hora!
    Un camiño que percorrer,
    outos lugares a os que chegar
    e unha nova historia que escribir

    Nena xa é hora!
    Espera nai,
    só quiero xogar
    un pouco máis.

    Mical G. L.

    ResponderEliminar
  7. A mariola é como un arco da vella
    situado no ceo, coma un papaventos
    foxe e voa dos nenos
    que xogan con pedras a carón dela.

    Noemí Díaz e Andrea Lamas

    ResponderEliminar
  8. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  9. Mariola pintada
    nun ceo cían
    suxeita por mans
    de verde infancia.

    Mariola pintada
    de números e cores
    levada polo vento
    en busca da liberdade.

    Victoria Núñez Silva.

    ResponderEliminar
  10. Apertan as papoulas
    as herbas finas,
    que danzan contra o vento frío.
    Sinte o oso, de xoguete,
    na pelaxe azulada,
    os bicos das nubes.
    Os cabelos estendidos
    empurran a nena e os pés,
    en movemento,
    calcaños contra terra que se ergue,
    manchan os zapatos.
    A súa loita
    sumida na ingravidade
    da mañá de outono,
    a corda estírase.
    As fragancias violetas,
    de azucre,
    e o ton melancólico
    da nenez,
    lonxe.
    Busca,
    nas lembranzas,
    os números,
    difusos,
    da mariola.
    O fío escáchase contra a forza
    que arrinca as pólas das árbores
    e o xogo da infancia
    foxe,
    entre as barreiras invisíbeis
    da presión atmosférica.
    A metamorfose remata cun papaventos esquecido.

    Rosalía Bernárdez Riopedre

    ResponderEliminar
  11. A mariola ten unha cor especial
    Os nenos xogan cun memso fin
    Entre a herba verde e as árbores espidas
    Oxalá fose eterno este luscofusco

    Hugo Lugilde, Xabier García e Pepe Galocha.

    ResponderEliminar
  12. Son moitas as ocasións
    nas que recordo a miña infancia.
    Son moitos os momentos
    nos que penso no que me gustaba.
    Moitos son os tempos
    onde penso con quen xogaba.
    Mais todos desvanécense coma papaventos
    que un día voaba

    Mariola Marioliña,
    a ti xogaba
    dende que era meniña
    cunha pedra e uns cadros
    pasaba o tempo dando saltos
    no outono xogaba
    cando o vento na cara me daba
    era cando mellor o pasaba

    Sergio Andión y David Otero

    ResponderEliminar
  13. Memorias debuxadas nun papaventos

    Iria Burgo Rodríguez

    ResponderEliminar
  14. O ceo corido e as árbores sen follas
    mentres eu voo coma unha tola
    brincando na mariola

    Marco Andón 2ºA

    ResponderEliminar
  15. Co papaventos voando ao vento
    nós correndo entre as árboles sen folla
    desfrutando da vida nova mentres
    plantamos unha mariola

    Iago Rebolo, 2ºA

    ResponderEliminar
  16. O vento xoga á mariola
    papaventos da neniña
    o tempo voa canda eles.

    Isabel López 2ºC

    ResponderEliminar