Páxinas

venres, 11 de febreiro de 2022

SEMANA DE HOMENAXE A DARÍO XOHÁN CABANA

 


Ao longo desta semana o escritor chairego Darío Xohán Cabana, que nos deixou o pasado mes de novembro🖤 estivo a recibir unha fermosa e merecida homenaxe por parte do alumnado de 4º de ESO, que recitaron poemas e leron algún fragmento en prosa da completa obra do autor, acompañadas das profesoras Juncal Martínez e Ana Dopazo, organizadoras da actividade. Parabéns a todas e todos, fixéstelo estupendamente con Darío ao fondo observándovos ben atento por tras!👌👏👏 O escritor de Roás forma parte da familia do Leiras Pulpeiro por motivos varios💚💛

Ningún comentario:

Publicar un comentario