Páxinas

domingo, 3 de outubro de 2021

CONCURSO DE MicrorrelatAs NO MES DAS ESCRITORAS

 

A que non sabiades que outubro é o Mes das Escritoras? 👩👵👧📝📚Nós tampouco. Por ese motivo ímosvos dar a lata  para que participedes no Certame SNL de Microrrelato en Feminino #MicrorrelatAs. Cada semana lanzarán catro palabras en feminino e vós tedes que enviar os microrrelatos a este correo inscricionlingua@coruna.gal.

Velaquí as bases:👇👇

  • Hai dúas categorías: até 18 anos e maiores de 18. Asinarase o relato co nome, apelidos e idade.
  • O concurso comezará o 4 de outubro e rematará o 29 de outubro. Faranse catro quendas semanais nas que o luns publicarán as palabras para incorporar. Seleccionarán o microrrelato gañador os venres a partir das 14h.
  • Os textos serán en lingua galega.
  • Só se poderá participar cun texto cada semana.
  • A persoa gañadora unha semana non poderá seguir participando nas seguintes.
  • O texto terá un máximo de 10 liñas escrito en letra ARIAL 12. Deberá conter polo menos dúas das catro palabras que se lancen cada semana.
  • O xurado terá en conta a orixinalidade, a concisión, a forma do relato, así como a corrección gramatical e ortográfica.
  • Os microrrelatos serán publicados nas redes (Facebook e Instagram) de Normalización do Concello de A Coruña, segundo os vaian recibindo.
  • O premio consistirá nun lote de libros e produtos culturais.
  • Se a situación sanitaria o permite a entrega realizarase de xeito presencial.
  • Se o xurado o considera, poderanse conceder un ou varios accésits.
Así que xa sabedes, dádeslles a lata cos MicrorrelatAs!

Ningún comentario:

Publicar un comentario