Páxinas

luns, 24 de maio de 2021

AQUELA NENA DE SARRIA veunos visitar


Os días 19, 20 e 21 de maio tivemos a sorte de ter canda nós a exposición itinerante sobre Xela Arias, Aquela nena de Sarria. A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, os seus vínculos con Sarria e o rural, o seu amor polo idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez  e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, entre outras cousas máis. A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autorapara este traballo.

O noso alumnado coñeceu máis cousas sobre a poeta sarriá  visitando exposición e completando un cuestionario sobre a mesma.

Agradecemos á compañeira Esperanza 😙o seu papel de intermediaria para que Xeliña puidese visitarnos. Foi un pracer coñecela.



 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario