Presentación do "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" na CASA DA XUVENTUDE
A alcaldesa de Lugo e outras autoridades deixaron por un día de ser boomers e aprenderon que eran as siglas RAG (Rir Ás Gargalladas)😂 ou que significaban palabras coma random, shipear, pana...
O pasado venres 9 de abril, un grupiño de cinco alumnas e alumnos de 1º de ESO, que forman parte do equipo creador do Dicionario de galego para boomers, encargáronse de explicar ao público asistente nos actos do X ANIVERSARIO da Casa da Xuventude de Lugo, por que decidiron crear xunto coa profesora Noemí este dicionario virtual que está acadando unha grande difusión e acollida nas redes sociais e nos medios de comunicación.
Os nosos presentadores fixérono estupendamente e ao rematar a exposición proxectaron o vídeo feito por dous rapaces e unha rapaza de 4º de ESO dun poema de Rosalía de Castro, recreado en versión zoomer polo alumnado de 1ºBAC A, que xa vos presentaramos no Día de Rosalía.
A tormenta tan forte que houbo🌂⛆⛈ non impediu que o pasásemos en grande. Para relaxar os lóxicos nervios antes da presentación, rebolamos nun baile coreografado pola escola de danza Gravity que anda xa rulando por tiktok!💃🙌🙆🙅
Aproveitamos de paso para vos amosar a reportaxe sobre o Dicionario, feito polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Mozos e mozas, parabéns, estivestes sensacionais!👏👏
Como que "el gallego no sirve para nada"? Grazas ao galego fannos reportaxes, contactan os medios, recíbennos as autoridades e dánnos premios. Temos unha lingua mundial e actual, mais que tamén necesita novos e novas falantes que a manteñan viva. Depende de nós que siga a ser así. Parabéns a Noemí e ao seu alumnado que está a descubrir e a espallar a potencia da nosa lingua.
Moitas grazas polas túas palabras, Manuel! Como dixo Eduardo Galeano "Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".
Moi agradecidas :) Noemí é o vínculo entre esa xeración e a nosa. Comezou cos de 1º de ESO e animamos aos de 4º de ESO e 1º de BAC a colaborar. Desta volta foron os rapaces os nosos profesores que nos aprenderon palabras das que non tiñamos idea.
Como que "el gallego no sirve para nada"? Grazas ao galego fannos reportaxes, contactan os medios, recíbennos as autoridades e dánnos premios. Temos unha lingua mundial e actual, mais que tamén necesita novos e novas falantes que a manteñan viva. Depende de nós que siga a ser así. Parabéns a Noemí e ao seu alumnado que está a descubrir e a espallar a potencia da nosa lingua.
ResponderEliminarMoitas grazas polas túas palabras, Manuel! Como dixo Eduardo Galeano "Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".
EliminarParabéns desde o CEIP Menéndez Pelayo ao alumnado e á profe!! O futuro da nosa lingua está en vós, adiante! Gustounos moito vervos!
ResponderEliminarApertas

Eliminar