Páxinas

luns, 5 de abril de 2021

TRES RECENSIÓNS SOBRE TRES LIBROS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO

O pasado 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil📚👦👧👱. O día de nacemento de Hans Christian Andersen concidiu desta volta coas nosas vacacións de Semana Santa mais iso non é escusa non dedicar unha entrada no noso blog, porque son precisamente estes libros para nenos e adolescentes os alicerces para que xurda o amor e o interese pola lectura entre a xente máis noviña. 

No noso caso, fomentamos a lectura de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e encántanos💟 que alumnas e alumnos nos relaten as súas experiencias lectoras. Lembrade que na nosa literatura temos moitas autoras e autores premiados e recoñecidos nacional e internacionalmente.😎

É o caso de Rita López, que nos fala no vídeo dun libro que lle gustou moito, Tres Catorce Dezaseis, de Rocío Leira📙; o de Diego Iglesias, que fai o propio con Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas📗 e o de Uxía Arias, que gozou de nena con A bruxiña da sorte, de Concha Blanco..

Escoitádeos, paga a pena. A opinión dos nosos lectores noviños ten moito valor para nós.👌









Ningún comentario:

Publicar un comentario