Páxinas

venres, 8 de xaneiro de 2021

NÓS, Palabra do Ano 2020.

 

Contra todo pronóstico, porque case todas e todos contabamos con que a Palabra do Ano 2020 había de estar relacionada coa omnipresente pandemia, non apostabamos por que saíse Nós, cousa que nos alegra moito. Nós loitaba polo primeiro posto con voces coma vacina, gromo, máscara, pandemia... todas do mesmo campo semántico. Por que Nós? Este ano celebrouse o centenario da Xeración Nós, tamén é un pronome tónico en 1ª persoa de plural que indica que imos saír desta todos Nós xuntos, unidos contra o inimigo común que nos está a complicar a vida dende hai varios meses.

Esta escolla foi salientada na emotiva reportaxe realizada por TVE 2020, única función. como podedes ver na imaxe de abaixo, caracterizándoa coma unha palabra cunha forza "imparable" cando permanecemos unidos fronte ás adversidades. 

Dende o EDL desexamos que pasásedes unhas Felices Festas de Nadal e que a Palabra do Ano 2021 estea relacionada coa inmunidade, a (vella) normalidade, as apertas e mais os bicos💜💆👫💋💪💉





Ningún comentario:

Publicar un comentario