Páxinas

mércores, 16 de decembro de 2020

GALEGO, LINGUA DE ESTRELAS

Lembrades que hai uns meses unha estrela co aburrido nome de  HD 149143 fora bautizada coma Rosalía de Castro?🌠

Pois ben, a semana pasada a Real Academia Galega presentou a listaxe de 88 nomes de estrelas na nosa linguqa coas súas correspondencias en latín, a lingua da comunidade científica, e cadansúa abreviatura.  Carneiro, Raposiña, Boieiro ou Can de Caza está xa presentes no noso firmamento. ☆★☆★

O traballo é froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e o equipo composto por Salvador Bará, profesor da área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela; Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; e o físico Dosi Veiga, impulsor de Ceos Galegos

Queredes coñecer os nomes galegos das 88 estrelas? Premede en estrela🌟 

Fermosa iniciativa, moi acaída para o tempo de Nadal🎄

2 comentarios:

  1. Hai que agradecer este traballo aos responsables que son os 3 uns magníficos divulgadores da Astronomía. Cómpre recomendar tamén o software libre Stellarium, que presenta o ceo en lingua galega, aínda que de momento non recolle na súa totalidade eses 88 nomes fixados pola RAG.

    ResponderEliminar