O Grupo Nós dá para moito e ademais da exposición virtual
De Nós a nós que visitamos hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO C e D interpretou artisticamente a
Don Celidonio, o protagonista de
O porco de pé, novela máis célebre de
Vicente Risco. Os alumnos e alumnas souberon interpretar moi ben a esencia do personaxe a partir da maxistral descrición caricaturesca que del fai Risco: a súa vulgaridade, o seu amor polos cartos, o seu físico porcino... 🐷💗💰 Védeo vós mesmos.
Tan ben quedaron que decidimos montarlle unha chacinería para que faga negocio. Mentres, admirade o traballo dos nosos rapaces e rapazas no noso taboeiro.👌
Parabéns polos traballos. Fagamos posible unha nova xeración galega libre de Don Celidonios e máis achegada á Ciencia e á Cultura.
ResponderEliminar