Páxinas

mércores, 14 de outubro de 2020

NORMALIZAR O GALEGO NO NOSO TRABALLO

Iso é que fai o noso compañeiro Manuel Vilariño, do Departamento de Matemáticas, e membro do EDL, quen nos facilitou unhas estupendas infografías feitas polo Departamento de Tecnoloxía do IES de Soutomaior, para dar instrucións ao alumnado de como enviar os traballos en caso de corentena ou confinamento (excelente traballo👌, oxalá teñamos que recorrer a el o menos posible😟... )

Velaquí volas amosamos, coma un exemplo de que o galego é unha ferramenta de traballo e de comunicación alumno-profesor igual de eficaz que calquera outra lingua. Nós xa nos fixemos con elas e as colgamos na aula virtual😄

                                                                                           

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario