Páxinas

martes, 26 de maio de 2020

#DetrásDoMostradorClarexaoCeo DESCONFINAMENTO, DESESCALADA, TELETRABALLO, novas palabras para o dicionario

 

Mal que nos pese, a pandemia aportou novo vocabulario á nosa lingua. As palabras intégranse nun idioma a forza de ser escoitadas e moi utilizadas, e o traballo da RealAcademia Galega é incorporalas ao dicionario. Todo este tempo enchémonos de escoitar as palabras coronavirus, confinamento, covid-19, teletraballo... Dalgunhas non imos gardar grata memoria pero outras coma desconfinamento ou desescalada, alégrannos máis a orella :))  

Se queredes máis información sobre as mesmas ter, premede na palabra Real Academia Galega arriba ou ben entrade no dicionario do Portal das Palabras onde atoparedes a súa definición.



Ningún comentario:

Publicar un comentario