Páxinas

xoves, 23 de abril de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar FELIZ DÍA DO LIBRO!

www.belenmartinfranco.com
Aínda que sexa sen saír da casa nós festexamos todo🎉🎈 para facer a vida máis feliz. O Día do Libro é perfecto para que nos contedes con que lecturas vos estades a entreter nestes días de confinamento e que  axudan a vos evadir a outros mundos e coñecer a apaixonante vida doutra xente e imaxinar que sodes vós. Tamén podédesnos falar de libros que lestes antes e que deixaron pegada en vós polo motivo que fose.📒📕📗📖📙📘
Así fixeron Adrián, María, Area e Lucía, alumnos de 1º de Bacharelato que nos falaron das lecturas en galego que máis lles gustan. Entre elas atopamos títulos moi dispares de autores de diferentes xeracións literarias e variados estilos e xéneros: Adiós María, de Xohana Torres, Aire negro, de Agustín Fernández Paz, O sol do verán, de Carlos Casares, A dúbida, de María Reimóndez, Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro e Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, son os libros cos que pasaron moi bos momentos e nestes vídeos cóntannos por que.
Grazas, rapaces!💟 Somos todo oídos! 👂 E mañá máis!👈







2 comentarios:

  1. Que xeito tan acaído de celebrar o Día do Libro. Alégrame moito ver a mocidade explicando as súas lecturas. Os meus parabéns para tod@s @s participantes. Sigamos lendo. O mellor amigo, sempre, un libro. 68

    ResponderEliminar
  2. Marabilloso escoitar esta rapazada. Coñecinos en primeiro ciclo. Como miraron en todos os sendos.
    Parabéns!!

    ResponderEliminar