Páxinas

xoves, 2 de abril de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 Imaxe tomada de urdime.gal
As pitas baixo a choiva é título dun relato breve para nenas e nenos publicado en 1952 por Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Unha faceta do autor ferrolán non tan coñecida que nos serve para lembrar que hoxe é o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil.
Moitos de vós tedes gozado e estades a gozar todos estes anos con obras de autores e autoras especializados en xente máis nova.📕📔📙📘📗
Na literatura galega temos moi bos exemplos que mereceron moitos recoñecementos nacionais e internacionais.🏆
O crítico literario e profesor Armando Requeixo convídavos neste vídeo a que sigades a soñar cos libros. Non son nin dous minutiños!⌚

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario