Páxinas

venres, 6 de marzo de 2020

CONTINÚA O RESCATE DE PALABRAS CON MEMORIA

Tentamofo, mamucas, chavellar, fraxura, pazaballeiro/a, argoleira, agruños, petoco, penisca, bagoada, curripa, carvesa, rebillido... son unhas cantas das 33 marabillosas palabras que saíron da memoria das familias dos nosos alumnas e alumnos. Ningunha está no dicionario pero iso non lles quita nin valor nin expresividade
Máis alumnado apuntouse a participar na actividade da AELG Palabras con memoria e grazas a eles e a elas coñecemos novas palabras da nosa lingua👅. Desta volta temos que agradecer o labor de pescuda dun grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO C e D e de 2º de BAC A e B. Bo traballo!👌 
Non marchedes, que seguimos coas tarefas de rescate 🔍📝👂

Ningún comentario:

Publicar un comentario