Páxinas

venres, 1 de febreiro de 2019

POR QUE NON ESCOLLEMOS O GALEGO PARA LER?

Iso é o que nos contan as editoriais galegas, que só un 4% dos lectores e lectores escollen a lingua galega como lingua de lectura 😞 É un dato preocupante, non só para as editoriais, senón tamén para a nosa lingua.
Acaso non a valoramos abondo como para considerala coma unha lingua máis para ler autores galegos e de fóra de Galicia traducidos ao noso idioma?
 Nós realizamos a nosa pequena aportación propoñendo o apartado no blog da Biblioleiras, Somos o que lemos no que o alumnado realiza recensións sobre os libros que leron en galego de xeito voluntario para complementar o seu traballo ao longo do curso. Non son poucos os comentarios que aparecen dende a súa creación.
Dende É un falar animámosvos a ler na nosa lingua, o pracer é dobre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario