Páxinas

xoves, 17 de xaneiro de 2019

De cando se quixo introducir o galego nas escolas por primeira vez.

"A derradeira lección do mestre"
Xa fora o Padre Sarmiento no XVIII, quen realizara esta proposta pero non foi até os anos vinte do século XX cando a República abriu un tempo de esplendor pedagóxico e un enorme desexo de facer unha "nova escola". Os mestres e mestras de Galicia desexaban tamén introducir o noso idioma no ensino.
O golpe fascista do 36 truncou todas estas expectativas e moitos mestres foron pasados polas armas ou represaliados polas súas simpatías cara á República.

A pintura principal da exposición Castelao Maxistral, é un óleo realizado por A.R. Castelao no ano 1945 durante o seu exilio na Arxentina, baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. O rostro do mestre fusilado é o do intelectual galeguista e amigo seu, Alexandre Bóveda, a quen lle quixo render unha homenaxe tras o seu asasinato a mans dos falanxistas.

Castelao amosou nos seus debuxos o absurdo da situación nas escolas galegas: 
ensinantes impartindo en castelán a un alumnado 
na súa inmensa maioría galegofalante que non 
comprendía as explicacións do mestre.

Alumnos e alumnas de 1º de  BAC e profe camuflada durante 
a visita á exposición no Gaiás.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario