Páxinas

martes, 18 de decembro de 2018

De conversa con ANTíA YÁÑEZ

                                                                             
Antía posando con varios alumnos e alumnas membros do Club de Lectura
 Onte, como estaba previsto, recibimos a Antía Yañéz e pasamos unha agradable horiña de charla con ela. A autora falou da súa novela O misterio de Portomarín, que os alumnos e alumnas de 1º de ESO tiveron que ler para este trimestre.  Coa axuda dunhas fotografías dos dous "Portomaríns", Antía Yáñez deulles a coñecer como foi construído o encoro e contoulles a historia do asolagamento da vila luguesa, incluíndo os apectos máis escuros dos que se fala menos e que truncaron a vida de moita xente: casas, traballo, recursos económicos, memorias... e vidas humanas... 
A seguir, os rapaces formularon á autora preguntas variadas sobre a novela, os personaxes, a súa traxectoria literaria, etc. Rematou a actividade coa sinatura de exemplares da novela que os alumnos e alumnas levaron para que lles quedase un fermoso recordo do encontro.

Na presentación de abaixo podedes ver máis detalles da actividade.

 Charla de Antía Yáñez on PhotoPeach









Ningún comentario:

Publicar un comentario