Páxinas

domingo, 4 de novembro de 2018

Xabier Docampo, Premio da Crítica de Galicia 2018

 Imaxe tomada de Sermos Galiza
O escritor Xabier P. Docampo, finado o pasado mes de xuño, vén de acadar a título póstumo, o Premio da Crítica de Galicia 2018 no apartado de Creación,  pola súa novela, A nena do abrigo de astracán.
Aínda que Xabier xa non estea entre nós, é sempre motivo de ledicia que recoñezan o mérito literario ao autor de De cando petan na porta pola noite (non esquezades lela neste Mes do Medo!) que foi tamén un firme defensor da nosa lingua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario