Páxinas

mércores, 28 de novembro de 2018

Máis terror universal en galego...

E continuamos coas nosas actividades de lectura en lingua galega de clásicos da literatura de medo de todos os tempos. Lembrade que as que deron o primeiro paso foron  Zoe, Carmen e Sharon; agora van Paula e Tamara, tamén alumnas de Literatura Universal en 1º de Bacharelato.
Paula estarreceunos con A dilixencia fantasma, de Amelia B. Edwards, un clásico da literatura de fantasmas victoriana; Tamara deixounos coa ansia de saber quen é o misterioso e inquietante Home da area, un dos máis célebres relatos do alemán E.T.A. Hoffmann.
Bo traballo, rapazas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario